BASES DO CONCURSO:
1. Poderán participar todos os rapaces e rapazas en idade de escolaridade obrigatoria que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos presentados deberán seren orixinais e inéditos en toda a súa extensión.
2. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de marzo de 2008 ás doce da noite.
3. A presentación de orixinais para o Concurso farase por correo postal dirixido a sé da Asociación Cultural O FACHO. R/ Federico Tapia, 12-1º 15005 A Coruña. Podendo facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.
4. No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha preselección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser presentado individualmente.
5. As obras haberán de seren relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus dereitos de publicación poidan seren cedidos a Asociación Cultural O FACHO por un período de tres anos contados a partir do día do fallo do xurado.
6. Estabelécense tres categorías:
CATEGORÍA A: Nenos e nenas de 6 a 8 anos.
CATEGORÍA B: Nenos e nenas de 9 a 12 anos.
CATEGORÍA C: Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos.
7. As contías dos premios serán as que seguen:
CATEGORÍA A:
1º Un lote de libros por valor de 150 euros.
2º Un lote de libros por valor de 150 euros.
CATEGORÍA B:
1º 200 euros en efectivo
2º 200 euros en efectivo
CATEGORÍA C:
1º 300 euros en efectivo
2º 200 euros en efectivo
8. Cada autor só poderá presentar unha obra aténdose aos seguintes límites de extensión:
CATEGORÍA A: un máximo de 3 folios
CATEGORÍA B: un máxímo de 5 folios
CATEGORÍA C: un máximo de 10 folios
8. As obras haberán de se presentar manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes datos:
Nome e apelidos do autor/a
Enderezo e teléfono
Correo electrónico
Centro onde cursa os seus estudos
Categoría en que participa
10. Os premios serán elixidos por un xurados nomeado pola Asociación Cultural O FACHO en fallo que se fará público no mes de maio.
11. O xurado poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas na súa interpretación.
12. A participación neste Concurso implica aceptación das presentes bases.