O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na Guerra Colonial. Considérase, en termos xerais, que esta revolución devolveu a liberdade ó pobo portugués (denominándose “Día da Liberdade” ó día conmemorativo instituído en Portugal para recordar a revolución). A revolución debe o seu nome á reacción popular, que repartiu caraveis ós soldados e estes os puxeron nos canóns das súas armas, simbolizando o seu apoio á revolución.
Velaquí tedes un enlace en que podedes ver imaxes e cartaces coa banda sonora de Grândola Vila Morena:
http://www.youtube.com/watch?v=z_H1pYcI_l0
http://www.youtube.com/watch?v=PBK7bd3UYow
Neste enlace podedes ver escenas do filme “Capitaẽs de avril” : http://www.youtube.com/watch?v=k07iowv1Fqw
Revolução dos cravos Abril 25, 2008
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER Marzo 1, 2008
O 8 de marzo celébrase o cabodano da morte de 192 mulleres en Nova Iorque por defenderen os seus dereitos. Hoxe as reivindicacións non cesan: o mundo avanza pero non para as mulleres: ablación do clítoris, desigualdade laboral, desemprego, malos tratos por parte dos seus compañeiros, etc.
Pincha nas seguintes ligazóns para saberes máis:
IMAXES DE NATIONAL GEOGRAPHIC: http://usuarios.lycos.es/chitys/varios/mujertraba.pps#269,12,-Ahora DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA: http://www.culturagalega.org/album/8demarzo.php MUTILACIÓN XENITAL FEMININA (AMNISTÍA INTERNACIONAL): http://www.es.amnesty.org/temas/mujeres/mutilacion-genital-femenina/introduccion/ FEMINICIDIO: http://lahaine.org/index.php?blog=2&p=10574 FEMINICIDIO EN CIUDAD JUÁREZ (MÉXICO): http://www.womenontheborder.org/Articles/feminicidio_sexual_SP.pdf SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE: http://www.xunta.es/auto/sgi/
NO CENTENARIO DO HIMNO GALEGO Enero 26, 2008
O día 20 de decembro de 1907 estreouse, no «Gran Teatro» da
Habana –hoxe Teatro García Lorca- o himno galego. Este símbolo acústico conxuga o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga. Xa que logo, con motivo do recente centenario anímovos a que entredes na seguinte páxina e coñezades algo máis da historia desta peza, símbolo de galeguidade.
http://www.himnogallego.com/index.php
