BASES
Participantes.
Poderán participar neste campionato todas as persoas que o desexen con independencia do seu lugar de residencia.
Para se inscribir, debe cubrir o datos que se recollen na ficha de inscrición que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato.
Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com
O Campionato rexerase polas normas do Trivial.Gz
O gañador ou gañadora será a persoa que, finalizado o campionato, figure no posto número 1 e con máis puntos na clasificación. Para os restantes premios seguirase o mesmo criterio. No caso de se producir un empate a puntos desempatará o criterio de maior porcentaxe de preguntas acertadas e se aínda persistir utilizarase o criterio de partidas gañadas. En todo o caso será o sistema o que calculará automaticamente estes datos, que serán sempre públicos.
O Campionato desenvolverase entre o 8 e 22 de xullo de 2008
As datas de inscrición serán entre o 23 de xuño e o 8 de xullo de 2008
O nivel de dificultade será de 1 (fácil) e xogarase con 6 temas.
O límite de partidas diarias será de 15 partidas.
Premios.
Estableceranse os seguintes premios:
1º.- 600 euros (400 en metálico e bono de 200 canxeábel por produtos dos postos da Galería das Letras do Festigal).
2º.- 400 euros (200 en metálico e bono de 200 canxeábel por produtos dos postos da Galería das Letras do Festigal).
3º.- 200 euros (bono de 200 canxeábel por produtos dos postos da Galería das Letras do Festigal).
Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os premios entregaranse o 24 de xullo en Santiago de Compostela, ás 20:45 h. na Galería das Letras do Festigal (Campus Sul universitario).
A AS-PG contactará mediante correo electrónico cos gañadores ou gañadoras. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.
Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG
CAMPIONATO DE TRIVIAL.GZ Julio 8, 2008
CERTAME AUDIOVISUAL – CONTA ONDE VIVES! Febrero 22, 2008
A asociación pedagóxica Ponte nas ondas! E a Morraceira convídate a participar na XIV Edición de Ponte… nas ondas! Que se celebrará o 6 de xuño e no festival de cinema filminho que decorrerá entre o 22 e o 27 de xulo.
As dúas asociacións galego-portuguesas comprometidas coa construción da Eurorrexión convocan O CERTAME AUDIOVISUAL – CONTA ONDE VIVES! Para contribuír a unha reflexión sobre a identidade e o territorio como espazo onde se desenvolve e conforma a cultura galego-portuguesa.
Como podes participar?
Fai unha gravación en vídeo do lugar onde vives, unha reportaxe, unha crónica, unha denuncia, unha exaltación das excelencias, un canto á túa “leira”, unha viaxe, un encontro, unha descuberta … de calquera cousa que penses que sexa interesante. Escolle a forma máis orixinal de contar para o mundo como é o teu paraíso ou o teu inferno…
Faino ti mesmo ou con axuda: Preséntao de forma individual ou colectiva. Pódense presentar varios traballos por cada participante.
Un tempo limitado: Tes até 5 minutos para contarnos con sons e imaxes como é ese lugar onde vives.
Formato: Escolle entre subilo ti mesmo ao You Tube e enviarnos o enlace a pontenasondas@pontenasondas.org ou envialo en calquera soporte a calquera destes enderezos:
A Morraceira – Lugar de Segerem 4920-070 Loivo. Vilanova de Cerveira
Oficina Xuvenil Transfronteiriza – Rúa Sanz 28 367000 Tui
PREMIOS COLECTIVOS:
1º Premio: Realización dunha curtametraxe co colectivo coa produción do Filminho.
2º Premio: Colección de cinema galego
3º Premio: 1 cámara de fotos dixital
PREMIOS INDIVIDUAIS:
1º Premio: 1 cámara de vídeo dixital.
2º Premio: Colección de cinema galego
3º Premio: 1 cámara de fotos dixital
PRAZO: 17 de maio de 2008-02-22
CONCURSO LITERARIO “CARLOS CASARES” Febrero 17, 2008
Co obxectivo de recuperar os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e nos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel coa súa obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, vense convocar este Concurso Literario baixo o nome de Carlos Casares e en homenaxe ao primeiro gañador do Certame de Literatura Infantil no ano 1968 coa súa obra “A galiña azul” que acadaría a honra de ter sido o fito fundacional da ben vizosa Literatura Infantil e Xuvenil GAlega contemporáea.
BASES DO CONCURSO:
1. Poderán participar todos os rapaces e rapazas en idade de escolaridade obrigatoria que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos presentados deberán seren orixinais e inéditos en toda a súa extensión.
2. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de marzo de 2008 ás doce da noite.
3. A presentación de orixinais para o Concurso farase por correo postal dirixido a sé da Asociación Cultural O FACHO. R/ Federico Tapia, 12-1º 15005 A Coruña. Podendo facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.
4. No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha preselección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser presentado individualmente.
5. As obras haberán de seren relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus dereitos de publicación poidan seren cedidos a Asociación Cultural O FACHO por un período de tres anos contados a partir do día do fallo do xurado.
6. Estabelécense tres categorías:
CATEGORÍA A: Nenos e nenas de 6 a 8 anos.
CATEGORÍA B: Nenos e nenas de 9 a 12 anos.
CATEGORÍA C: Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos.
7. As contías dos premios serán as que seguen:
CATEGORÍA A:
1º Un lote de libros por valor de 150 euros.
2º Un lote de libros por valor de 150 euros.
CATEGORÍA B:
1º 200 euros en efectivo
2º 200 euros en efectivo
CATEGORÍA C:
1º 300 euros en efectivo
2º 200 euros en efectivo
8. Cada autor só poderá presentar unha obra aténdose aos seguintes límites de extensión:
CATEGORÍA A: un máximo de 3 folios
CATEGORÍA B: un máxímo de 5 folios
CATEGORÍA C: un máximo de 10 folios
8. As obras haberán de se presentar manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes datos:
Nome e apelidos do autor/a
Enderezo e teléfono
Correo electrónico
Centro onde cursa os seus estudos
Categoría en que participa
10. Os premios serán elixidos por un xurados nomeado pola Asociación Cultural O FACHO en fallo que se fará público no mes de maio.
11. O xurado poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas na súa interpretación.
12. A participación neste Concurso implica aceptación das presentes bases.
VI CERTAME ARTÍSTICO/LITERARIO VAGALUME Enero 26, 2008
Vagalume Valdeorras, coa colaboración da Asociación Galega de Pizarristas e Caja Madrid, invítanos a participar no VI Vagalume Literario. Poden participar todos/as aqueles que o desexen: pais, nais, alumnos/as, avos/as etc. sen límite de idade. Trátase dunha actividade de animación á lecto-escritura en que toda a comunidade atope un espazo para o relato da súa experiencia vital. O resultado desta iniciativa é escribirmos entre todos/as un libro.
Este ano a temática é libre, pódense presentar tanto traballos de poesía, como de prosa, e mesmo deseños. Estes deberán ser entregados en papel e cd en formato word, debidamente corrixidos e en lingua galega.
O prazo de entrega dos contos e debuxos será até o 20 de febreiro de 2008.
Para máis información pórse en contacto con Vanessa (Dpto. Xeografía e Historia)

