galegoBZ

Just another WordPress.com weblog

ENTREVISTA A MANUEL RIVAS Julio 1, 2008

Archivado en: ACTIVIDADES, General — galegobz @ 8:39 am

http://www.vimeo.com/1225665?pg=embed&sec=1225665 Con motivo da terceira entrega dos Premios Xarmenta, o prestixioso escritor galego Manuel Rivas tivo a amabilidade de concedernos unha emotiva entrevista. Nela achegámonos ao corazón dun dos máis sobresalientes narradores galegos. Súas son as obras ¿Que me queres, amor?; O lapis do carpinteiro ou Os libros arden mal, entre outras. Alén disto, Rivas traballa como columnista en El País. A súa faceta de escritor está, pois, estreitamente ligada á de xornalista.

 

CONECT@: Temos lido que para vostede informar é máis que un traballo, é parte da súa vida; é como respirar Que move a un adolescente de tan so quince anos a traballar nun xornal?

 

M. RIVAS: Verás, eu estaba comezando o bacharelato e tiña a ilusión de chegar a ser un gran xornalista. O certo é que na miña casa non sobraban os cartos, e en Santiago a vida estaba moi cara; tiña que pagar os libros, a universidade, … Entón pensei en buscar un traballo, e que mellor que empezar nun xornal. Aínda que teño que dicir que o meu labor era máis ben de recadeiro que de xornalista.

 

CONECT@: Vostede é autor dun gran elenco de obras nas que cultiva diversos xéneros, como a poesía, o ensaio ou a novela. Sendo isto así, cal é a súa vertente favorita?

 

M. RIVAS: En realidade eu non vexo ningunha como favorita. Con todas me identifico e a todas concibo coma un todo, como un conxunto, como continuacións.

 

CONECT@: Ademais, varias das súas novelas foron levadas á gran pantalla. Que opina das adaptacións cinematográficas que se fixeron da súa obra?

 

M. RIVAS: Pois como non podería ser doutra maneira estou encantado. Cando vou ao cinema e vexo que unha película parte do meu argumento éncheme de orgullo. Quedo sedente e esquézome de todo, como se non coñecese a historia, como se non soubese como continúa.

 

CONECT@: Supoño que como cidadán, e aínda máis como escritor, estará preocupado pola crise que experimenta a lectura na actualidade. Que medidas adoptaría para paliar este gravísimo problema?

 

M. RIVAS: Desde o meu punto de vista creo que estamos sendo pesimistas. Ben é certo que hai moitos mozos non lectores, pero quero pensar que é porque non atopan nos libros un amigo fiel, un compadre de viaxes. Ademais, podo asegurar que a televisión, a Play Station… nunca reemprazarán a novela, a poesía ou o ensaio. E, en canto ás medidas, o Goberno está traballando nisto.

 

CONECT@: Adentrándonos no galego. Que opinión lle merece a consideración por parte de algunhas persoas de que o galego é unha lingua morta, vetusta e arcaica? E daqueles que a utilizan coma unha arma política?

 

M. RIVAS: Para empezar, eu animaría a todos os estudantes a que se matriculasen no Programa de Promoción do Idioma Galego, porque o saber un idioma máis abre miles de portas. E diríalles a todas aquelas persoas que din que o galego está morto que non son conscientes das súas palabras, pois é un ben cultural valiosísimo, é o vehículo de comunicación de centos e centos de persoas. Ademais, por esa razón non deberiamos aprender nin inglés, nin francés, e chegaría un día no que volveriamos ao Neolítico, pois so nos comunicariamos a base de “mamporrazo”.

 

CONECT@: Sen dúbida creo que o 13 de novembro de 2002 marcou a súa vida. Ás 15:15 da tarde saltaban as alarmas; un petroleiro atopábase en apuros a escasas millas de Fisterra. Así comezou unha das maiores catástrofes de España. Como se sentiu nese momento? Que se lle pasou pola cabeza?

 

M. RIVAS: Lembro que ía no coche cando oín a noticia. Un calafrío me asaltou de enriba embaixo. Foi entón cando decidín, xunto cuns amigos máis, crear a plataforma “Nunca Máis”. Penso que tanto os voluntarios que se trasladaron á Costa da Morte para limpar as praias, como as miles de persoas que se manifestaron nas rúas deron un exemplo de solidariedade tremendo. E pese á amargura do momento, en circunstancias como esta, un séntese orgulloso de ser español.

 

CONECT@: Adoptando agora unha liña máis persoal, agora que o seu fillo despunta na televisión (é Marcos, da serie “El internado”) é inevitábel facerlle unha pregunta. Que lle parece que utilice como nome artístico “Martín” en lugar de “Martiño”?

 

 M. RIVAS: Nin me parece nin me deixa de parecer. Martín é un corazón libre que voa só. El decidiuno así e eu non me teño porque meter. Gústame moito o seu traballo. O que debo marcar é que tanto “Martín” como “Martiño” son nomes galegos.

 

CONECT@: Por último, que pregunta que nunca lle fixeron estaría encantado de responder?

 

M. RIVAS (entre risas): É unha pregunta difícil. Supoño que me gustaría que me preguntaran por unha viaxe imaxinaria. A iso eu respondería que me encantaría perderme nunha illa deserta, sucando o mar, as ondas…

 

Queremos dar as grazas a Manuel Rivas, pola dozura das súas palabras, os seus bos consellos e o tempo prestado. !GRACIÑAS MANUEL por facer das letras auténticos poemas!

En segundo lugar, unhas sonadas grazas son para Vanessa (a nosa pofesora de galego) por axudarnos a enfocar o tema, aportarnos tantas ideas, quedar con nós e ser tan paciente.

Tamén teño que dar as grazas a Paula e Carla de 4.º A. Elas foron as miñas mentoras, as miñas musas. Moitas grazas, chicas. Sen vós non sabería que facer.

Grazas tamén a Miguel Ángel e a María Xosé, grazas por ofrecernos a oportunidade de coñecer ao grande Manuel Rivas e a axudarnos a contactar con el.

E tamén grazas a vós, espero que gocedes lendo esta entrevista.

 

MARCE ABAD, 4.º A

 

One Response to “ENTREVISTA A MANUEL RIVAS”

  1. marce Says:

    A entrevista a Manuel Rivas, o mellor da miña corta vida de xornaleiro..
    jejej
    Haber se para o ano próximo temos de novo a magnífica oportunide de entrevistar a alguén con tanto prestixo…
    un bikiño a todol@s lectores!!


Leave a Reply