Os días 5 e 6 de maio fomos de excursión á Coruña, visitamos o acuario, a RAG a casa-museo de Emilia Pardo Bazán, mais ao día seguinte esperábanos algo incríbel…cinco mil nenos e nenas percorrimos as rúas da Coruña portando pancartas a prol do uso da lingua baixo o lema 365 días en galego cabe todo. Tivemos o pracer de poder participar la lectura do manifesto, coñecer aos nosos compañeiros do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco… FOI UN DÍA QUE NON ESQUECEREMOS!
NA CASA-MUSEO DE EMILIA PARDO BAZÁN TODOS OS NENOS TIVERON QUE PÓR UN XUSTILLO PRA POÑERSE NA PEL DAS MULLERES DO SÉCULO XIX
E COÑECIMOS OS NOSOS COMPAÑEIROS DE CORISTANCO
ATÉ O PRÓXIMO CORRELINGUA!





Interesante blogue compañeira. Agardo teña vostede sorte no proceso polo que anda.
A nós esa tarde xa nos tiraron o noso carriño de ilusións polo chan.
Parabéns polo traballo e sorte.
[Deixo por aquí a referencia da que lle falei á reGueiZeira: http://agorarede.ning.com
Nasa