galegoBZ

Just another WordPress.com weblog

CAMPIONATO DE TRIVIAL.GZ Julio 8, 2008

Archivado en: CONCURSOS — galegobz @ 8:35 am

BASES

Participantes.

Poderán participar neste campionato todas as persoas que o desexen con independencia do seu lugar de residencia.

Para se inscribir, debe cubrir o datos que se recollen na ficha de inscrición  que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato.

Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com

O Campionato rexerase polas normas do Trivial.Gz

O gañador ou gañadora será a persoa que, finalizado o campionato, figure no posto número 1 e con máis puntos na clasificación. Para os restantes premios seguirase o mesmo criterio. No caso de se producir un empate a puntos desempatará o criterio de maior porcentaxe de preguntas acertadas e se aínda persistir utilizarase o criterio de partidas gañadas. En todo o caso será o sistema o que calculará automaticamente estes datos, que serán sempre públicos.

O Campionato desenvolverase entre o 8 e 22 de xullo de 2008

As datas de inscrición serán entre o 23 de xuño e o 8 de xullo de 2008

O nivel de dificultade será de 1 (fácil) e xogarase con 6 temas.

O límite de partidas diarias será de 15 partidas.

Premios.

Estableceranse os seguintes premios:

1º.- 600 euros (400 en metálico e bono de 200 canxeábel por produtos dos postos da Galería das Letras do Festigal).

2º.- 400 euros (200 en metálico e bono de 200 canxeábel por produtos dos postos da Galería das Letras do Festigal).

3º.- 200 euros (bono de 200 canxeábel por produtos dos postos da Galería das Letras do Festigal).

Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os premios entregaranse o 24 de xullo en Santiago de Compostela, ás 20:45 h. na Galería das Letras do Festigal (Campus Sul universitario).

A AS-PG contactará mediante correo electrónico cos gañadores ou gañadoras. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.

Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG

 

EUROPA É PLURILINGÜE Julio 3, 2008

Archivado en: General — galegobz @ 7:46 am

EUROPA É PLURILINGÜE

 

 

EUROPA É PLURILINGÜE

 

 

 

CORRELINGUA 2008 (A CORUÑA) Julio 1, 2008

Archivado en: ACTIVIDADES — galegobz @ 9:28 am

Os días 5 e 6 de maio fomos de excursión á Coruña, visitamos o acuario, a RAG a casa-museo de Emilia Pardo Bazán, mais ao día seguinte esperábanos algo incríbel…cinco mil nenos e nenas percorrimos as rúas da Coruña portando pancartas a prol do uso da lingua baixo o lema 365 días en galego cabe todo. Tivemos o pracer de poder participar la lectura do manifesto, coñecer aos nosos compañeiros do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco… FOI UN DÍA QUE NON ESQUECEREMOS!

NA CASA-MUSEO DE EMILIA PARDO BAZÁN TODOS OS NENOS TIVERON QUE PÓR UN XUSTILLO PRA POÑERSE NA PEL DAS MULLERES DO SÉCULO XIX

E COÑECIMOS OS NOSOS COMPAÑEIROS DE CORISTANCO

ATÉ O PRÓXIMO CORRELINGUA!

 

ENTREVISTA A MANUEL RIVAS Julio 1, 2008

Archivado en: ACTIVIDADES, General — galegobz @ 8:39 am

http://www.vimeo.com/1225665?pg=embed&sec=1225665 Con motivo da terceira entrega dos Premios Xarmenta, o prestixioso escritor galego Manuel Rivas tivo a amabilidade de concedernos unha emotiva entrevista. Nela achegámonos ao corazón dun dos máis sobresalientes narradores galegos. Súas son as obras ¿Que me queres, amor?; O lapis do carpinteiro ou Os libros arden mal, entre outras. Alén disto, Rivas traballa como columnista en El País. A súa faceta de escritor está, pois, estreitamente ligada á de xornalista.

 

CONECT@: Temos lido que para vostede informar é máis que un traballo, é parte da súa vida; é como respirar Que move a un adolescente de tan so quince anos a traballar nun xornal?

 

M. RIVAS: Verás, eu estaba comezando o bacharelato e tiña a ilusión de chegar a ser un gran xornalista. O certo é que na miña casa non sobraban os cartos, e en Santiago a vida estaba moi cara; tiña que pagar os libros, a universidade, … Entón pensei en buscar un traballo, e que mellor que empezar nun xornal. Aínda que teño que dicir que o meu labor era máis ben de recadeiro que de xornalista.

 

CONECT@: Vostede é autor dun gran elenco de obras nas que cultiva diversos xéneros, como a poesía, o ensaio ou a novela. Sendo isto así, cal é a súa vertente favorita?

 

M. RIVAS: En realidade eu non vexo ningunha como favorita. Con todas me identifico e a todas concibo coma un todo, como un conxunto, como continuacións.

 

CONECT@: Ademais, varias das súas novelas foron levadas á gran pantalla. Que opina das adaptacións cinematográficas que se fixeron da súa obra?

 

M. RIVAS: Pois como non podería ser doutra maneira estou encantado. Cando vou ao cinema e vexo que unha película parte do meu argumento éncheme de orgullo. Quedo sedente e esquézome de todo, como se non coñecese a historia, como se non soubese como continúa.

 

CONECT@: Supoño que como cidadán, e aínda máis como escritor, estará preocupado pola crise que experimenta a lectura na actualidade. Que medidas adoptaría para paliar este gravísimo problema?

 

M. RIVAS: Desde o meu punto de vista creo que estamos sendo pesimistas. Ben é certo que hai moitos mozos non lectores, pero quero pensar que é porque non atopan nos libros un amigo fiel, un compadre de viaxes. Ademais, podo asegurar que a televisión, a Play Station… nunca reemprazarán a novela, a poesía ou o ensaio. E, en canto ás medidas, o Goberno está traballando nisto.

 

CONECT@: Adentrándonos no galego. Que opinión lle merece a consideración por parte de algunhas persoas de que o galego é unha lingua morta, vetusta e arcaica? E daqueles que a utilizan coma unha arma política?

 

M. RIVAS: Para empezar, eu animaría a todos os estudantes a que se matriculasen no Programa de Promoción do Idioma Galego, porque o saber un idioma máis abre miles de portas. E diríalles a todas aquelas persoas que din que o galego está morto que non son conscientes das súas palabras, pois é un ben cultural valiosísimo, é o vehículo de comunicación de centos e centos de persoas. Ademais, por esa razón non deberiamos aprender nin inglés, nin francés, e chegaría un día no que volveriamos ao Neolítico, pois so nos comunicariamos a base de “mamporrazo”.

 

CONECT@: Sen dúbida creo que o 13 de novembro de 2002 marcou a súa vida. Ás 15:15 da tarde saltaban as alarmas; un petroleiro atopábase en apuros a escasas millas de Fisterra. Así comezou unha das maiores catástrofes de España. Como se sentiu nese momento? Que se lle pasou pola cabeza?

 

M. RIVAS: Lembro que ía no coche cando oín a noticia. Un calafrío me asaltou de enriba embaixo. Foi entón cando decidín, xunto cuns amigos máis, crear a plataforma “Nunca Máis”. Penso que tanto os voluntarios que se trasladaron á Costa da Morte para limpar as praias, como as miles de persoas que se manifestaron nas rúas deron un exemplo de solidariedade tremendo. E pese á amargura do momento, en circunstancias como esta, un séntese orgulloso de ser español.

 

CONECT@: Adoptando agora unha liña máis persoal, agora que o seu fillo despunta na televisión (é Marcos, da serie “El internado”) é inevitábel facerlle unha pregunta. Que lle parece que utilice como nome artístico “Martín” en lugar de “Martiño”?

 

 M. RIVAS: Nin me parece nin me deixa de parecer. Martín é un corazón libre que voa só. El decidiuno así e eu non me teño porque meter. Gústame moito o seu traballo. O que debo marcar é que tanto “Martín” como “Martiño” son nomes galegos.

 

CONECT@: Por último, que pregunta que nunca lle fixeron estaría encantado de responder?

 

M. RIVAS (entre risas): É unha pregunta difícil. Supoño que me gustaría que me preguntaran por unha viaxe imaxinaria. A iso eu respondería que me encantaría perderme nunha illa deserta, sucando o mar, as ondas…

 

Queremos dar as grazas a Manuel Rivas, pola dozura das súas palabras, os seus bos consellos e o tempo prestado. !GRACIÑAS MANUEL por facer das letras auténticos poemas!

En segundo lugar, unhas sonadas grazas son para Vanessa (a nosa pofesora de galego) por axudarnos a enfocar o tema, aportarnos tantas ideas, quedar con nós e ser tan paciente.

Tamén teño que dar as grazas a Paula e Carla de 4.º A. Elas foron as miñas mentoras, as miñas musas. Moitas grazas, chicas. Sen vós non sabería que facer.

Grazas tamén a Miguel Ángel e a María Xosé, grazas por ofrecernos a oportunidade de coñecer ao grande Manuel Rivas e a axudarnos a contactar con el.

E tamén grazas a vós, espero que gocedes lendo esta entrevista.

 

MARCE ABAD, 4.º A