Onte foi o último día da actividade Cóntame un conto! Trátase dun encontro interxeracional levado a cabo polos alumn@s de galego do IES Europa e os maiores do Centro de Alzheimer de Ponferrada. Durante tres sesións puidemos achegarnos á realidade dos enfermos e a dos seus familiares-coidadores.
O primeiro día as psicólogas do Centro, Ana e Mª Ángeles, trazaron as liñas para que nós conseguiramos ter unha definición precisa da doenza e déronos as pautas para estimulalos e transmitirlles o noso cariño.
A segunda xornada entramos nunha sala onde nos agardaban os verdadeiros protagonistas deste artigo
Houbo momentos para todo, risas, lágrimas, lembranzas:
E FIXEMOS EXERCICIO!!!
Para recuperar forzas preparáronnos unha gran CHOCOLATADA!!!
E logo, moito ao noso pesar, chegou o momento da despedida.
Onte puidemos coñecer a outra cara da realidade. Os familiares-coidadores que viven o día a día con eles, modificando non só o seu ritmo de vida senón tamén a súa forma de vela. Viven para e por eles, dándolles todo o seu cariño e prestándolles todo o seu tempo libre.
Esta foi unha actividade moi produtiva que non poderiamos levar a cabo sen a colaboración de todas as traballadoras do Centro e dos familiares que se puxeron a nosa disposición en todo momento.
Agardamos que a nosa experiencia sirva de precedente para outros centros que se queiran achegar á realidade dos maiores, xa que estes son unha fonte de coñecementos que están desexando transmitir a outras xeracións.
Esta experiencia non rematará aquí e volveremos visitalos calquera día destes.
Grazas a Ana por facernos buscar adxectivos que expresen os SENTIMENTOS.













