galegoBZ

Just another WordPress.com weblog

CÓNTAME UN CONTO! Febrero 24, 2008

Archivado en: ACTIVIDADES — galegobz @ 10:38 am

      

 Os alumnos/as do Programa de Promoción do Idioma Galego ides participar nunha actividade innovadora que ten como obxectivo principal fomentar o respecto e a comunicación cos “abueletes”. Con todo, debemos ter en conta que son eles os protagonistas desta visita-entrevista, xa que nos achegarán, de primeira man,  a unha realidade descoñecida da que seguramente só teremos referencia polos libros.

Os maiores son unha fonte de información imprescindíbel para coñecer o noso pasado máis próximo, foron protagonistas dunha época de represión e de atraso económico, viviron o boom da emigración, a transición á democracia e as conseguintes transformacións (industrialización, melloras laborais, seguridade social, presenza relevante da muller na sociedade…).

Para alén disto, e ao longo de tres sesións no Centro de Alzheimer, coñeceremos de primeira man a enfermidade e colaboraremos na sesións de estimulación co fin de converter este encontro interxeracional nunha experiencia inolvidábel e proveitosa para todos e todas. (http://www.afabierzo.org/tablon_amp.php?id=16)

DATAS:

  • Xoves 28 de febreiro ás 17:00: Centro Residencial para Mayores Conde de Aldama.
  • Xoves 10 de abril: Centro de Alzheimer
  • Xoves 17 de abril: Centro de Alzheimer
  • Xoves 8 de maio: Centro de Alzheimer

 

Para que nos sexa máis doado analizar todos aqueles aspectos que nos/lles  interesan cómpre ter un esquema deseñado –VER ARQUIVO ANEXO- (podedes engadir ou modificar apartados se o considerades oportuno). É necesario que manteñamos as seguintes actitudes na visita:

-         Interese e respecto por todo o que nos están a contar.

-         Eles tamén nos farán preguntas o que nos axudará a manter unha conversa  máis amena e distendida.

-         Non podemos dar a sensación de ser meros entrevistadores e non daremos a impresión dunha enquisa “porta a porta”.

-         Para isto debemos ter claras as preguntas que lles queremos facer e procurar non ter o papel diante para guiarnos.

-         Isto non quere dicir que sigamos a orde estabelecida de preguntas, xa que moitos datos irán saíndo na conversa (p.ex.: lugar de nacemento).

-         Se nun momento determinado nos damos conta, ben por como se expresan ben polo lugar de procedencia, que coñecen a lingua galega e a comprenden, podemos utilizar como lingua vehicular o galego.

-         Non insistiremos naqueles apartados da súa vida que non queren analizar.

-         Deixaremos claro, se for preciso, que estamos a gravar simplemente para aforrar tempo, xa que se non teriamos que interrompelos para escribir as respostas.

contame-un-conto.doc

autorizacion.doc

autorizacion-esp.doc

 

Leave a Reply