A asociación pedagóxica Ponte nas ondas! E a Morraceira convídate a participar na XIV Edición de Ponte… nas ondas! Que se celebrará o 6 de xuño e no festival de cinema filminho que decorrerá entre o 22 e o 27 de xulo.
As dúas asociacións galego-portuguesas comprometidas coa construción da Eurorrexión convocan O CERTAME AUDIOVISUAL – CONTA ONDE VIVES! Para contribuír a unha reflexión sobre a identidade e o territorio como espazo onde se desenvolve e conforma a cultura galego-portuguesa.
Como podes participar?
Fai unha gravación en vídeo do lugar onde vives, unha reportaxe, unha crónica, unha denuncia, unha exaltación das excelencias, un canto á túa “leira”, unha viaxe, un encontro, unha descuberta … de calquera cousa que penses que sexa interesante. Escolle a forma máis orixinal de contar para o mundo como é o teu paraíso ou o teu inferno…
Faino ti mesmo ou con axuda: Preséntao de forma individual ou colectiva. Pódense presentar varios traballos por cada participante.
Un tempo limitado: Tes até 5 minutos para contarnos con sons e imaxes como é ese lugar onde vives.
Formato: Escolle entre subilo ti mesmo ao You Tube e enviarnos o enlace a pontenasondas@pontenasondas.org ou envialo en calquera soporte a calquera destes enderezos:
A Morraceira – Lugar de Segerem 4920-070 Loivo. Vilanova de Cerveira
Oficina Xuvenil Transfronteiriza – Rúa Sanz 28 367000 Tui
PREMIOS COLECTIVOS:
1º Premio: Realización dunha curtametraxe co colectivo coa produción do Filminho.
2º Premio: Colección de cinema galego
3º Premio: 1 cámara de fotos dixital
PREMIOS INDIVIDUAIS:
1º Premio: 1 cámara de vídeo dixital.
2º Premio: Colección de cinema galego
3º Premio: 1 cámara de fotos dixital
PRAZO: 17 de maio de 2008-02-22