galegoBZ

Just another WordPress.com weblog

CÓNTAME UN CONTO! Febrero 24, 2008

Archivado en: ACTIVIDADES — galegobz @ 10:38 am

      

 Os alumnos/as do Programa de Promoción do Idioma Galego ides participar nunha actividade innovadora que ten como obxectivo principal fomentar o respecto e a comunicación cos “abueletes”. Con todo, debemos ter en conta que son eles os protagonistas desta visita-entrevista, xa que nos achegarán, de primeira man,  a unha realidade descoñecida da que seguramente só teremos referencia polos libros.

Os maiores son unha fonte de información imprescindíbel para coñecer o noso pasado máis próximo, foron protagonistas dunha época de represión e de atraso económico, viviron o boom da emigración, a transición á democracia e as conseguintes transformacións (industrialización, melloras laborais, seguridade social, presenza relevante da muller na sociedade…).

Para alén disto, e ao longo de tres sesións no Centro de Alzheimer, coñeceremos de primeira man a enfermidade e colaboraremos na sesións de estimulación co fin de converter este encontro interxeracional nunha experiencia inolvidábel e proveitosa para todos e todas. (http://www.afabierzo.org/tablon_amp.php?id=16)

DATAS:

  • Xoves 28 de febreiro ás 17:00: Centro Residencial para Mayores Conde de Aldama.
  • Xoves 10 de abril: Centro de Alzheimer
  • Xoves 17 de abril: Centro de Alzheimer
  • Xoves 8 de maio: Centro de Alzheimer

 

Para que nos sexa máis doado analizar todos aqueles aspectos que nos/lles  interesan cómpre ter un esquema deseñado –VER ARQUIVO ANEXO- (podedes engadir ou modificar apartados se o considerades oportuno). É necesario que manteñamos as seguintes actitudes na visita:

-         Interese e respecto por todo o que nos están a contar.

-         Eles tamén nos farán preguntas o que nos axudará a manter unha conversa  máis amena e distendida.

-         Non podemos dar a sensación de ser meros entrevistadores e non daremos a impresión dunha enquisa “porta a porta”.

-         Para isto debemos ter claras as preguntas que lles queremos facer e procurar non ter o papel diante para guiarnos.

-         Isto non quere dicir que sigamos a orde estabelecida de preguntas, xa que moitos datos irán saíndo na conversa (p.ex.: lugar de nacemento).

-         Se nun momento determinado nos damos conta, ben por como se expresan ben polo lugar de procedencia, que coñecen a lingua galega e a comprenden, podemos utilizar como lingua vehicular o galego.

-         Non insistiremos naqueles apartados da súa vida que non queren analizar.

-         Deixaremos claro, se for preciso, que estamos a gravar simplemente para aforrar tempo, xa que se non teriamos que interrompelos para escribir as respostas.

contame-un-conto.doc

autorizacion.doc

autorizacion-esp.doc

 

CERTAME AUDIOVISUAL – CONTA ONDE VIVES! Febrero 22, 2008

Archivado en: CONCURSOS — galegobz @ 8:51 pm

  

      A asociación pedagóxica Ponte nas ondas! E a Morraceira convídate a participar na XIV Edición de Ponte… nas ondas! Que se celebrará o 6 de xuño e no festival de cinema filminho que decorrerá entre o 22 e o 27 de xulo.

As dúas asociacións galego-portuguesas comprometidas coa construción da Eurorrexión convocan O CERTAME AUDIOVISUAL – CONTA ONDE VIVES! Para contribuír a unha reflexión sobre a identidade e o territorio como espazo onde se desenvolve e conforma a cultura galego-portuguesa.

Como podes participar?

Fai unha gravación en vídeo do lugar onde vives, unha reportaxe, unha crónica, unha denuncia, unha exaltación das excelencias, un canto á túa “leira”, unha viaxe, un encontro, unha descuberta … de calquera cousa que penses que sexa interesante. Escolle a forma máis orixinal de contar  para o mundo como é o teu paraíso ou o teu inferno…

 

Faino ti mesmo ou con axuda: Preséntao de forma individual ou colectiva. Pódense presentar varios traballos por cada participante.

 

Un tempo limitado: Tes até 5 minutos para contarnos con sons e imaxes como é ese lugar onde vives.

 

Formato: Escolle entre subilo ti mesmo ao You Tube e enviarnos o enlace a pontenasondas@pontenasondas.org ou envialo en calquera soporte a calquera destes enderezos:

A Morraceira – Lugar de Segerem 4920-070 Loivo. Vilanova de Cerveira

Oficina Xuvenil Transfronteiriza – Rúa Sanz 28 367000 Tui

 PREMIOS COLECTIVOS:

1º Premio: Realización dunha curtametraxe co colectivo coa produción do Filminho.

2º Premio: Colección de cinema galego

3º Premio: 1 cámara de fotos dixital

 PREMIOS INDIVIDUAIS:

1º Premio: 1 cámara de vídeo dixital.

2º Premio: Colección de cinema galego

3º Premio: 1 cámara de fotos dixital

 

PRAZO: 17 de maio de 2008-02-22

 

A FALA Febrero 22, 2008

Archivado en: General — galegobz @ 6:30 pm

 

Coñécese como a Fala unha variedade lingüística galego-portuguesa que se emprega no Val do Río Ellas, no noroeste de Cáceres (Estremadura) declarada Ben de Interese Cultural pola Junta de Extremadura o 20 de marzo de 2001. Outra denominación coa que se coñece é o de galego de Estremadura, a denominación valego proposta por Costas apenas se emprega fóra de ambientes académicos galegos. Tradicionalmente non hai un nome propio que abranga as tres modalidades que se falan en cada un dos tres concellos do val, o mañego en San Martín de Trebello, o valverdeiro en Valverde do Fresno e o lagarteiro nas Ellas 

 

 

 

 


 

Lexislación da Lingua Galega Febrero 22, 2008

Archivado en: General — galegobz @ 6:00 pm
 

Lecturas recomendadas Febrero 20, 2008

Archivado en: LECTURAS RECOMENDADAS — galegobz @ 1:05 pm

          

O achado do castro. Manuel Núnez Singala. Ed. Sotelo Blanco.

Contos de medo no museo. VV.AA. Ed. Deputación Provincial de Lugo

O pazo baleiro. Xavier P. Docampo. Ed. Xerais

O merlo Branco. Cándido Pazó. Ed. Bruño

Pel de lobo. Xosé Miranda. Ed. Xerais

Cando petan na porta pola noite. Xavier P. Docampo. Ed. Xerais

A fábrica de chocolate. Roalh Dalh. Ed. Xerais

O ascensor de cristal. Roalh Dalh. Ed. Xerais

Dani o campión do mundo. Roalh Dalh. Ed. Xerais

Tres pasos polo misterio. Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais

Asústate, Merche. Fina Casalderrey. Ed. Xerais

Conos por palabras. Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais

Cartas de inverno. Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais
Aire Negro. Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais

Corredores de sombra. Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais

A banda sen futuro. Marilar Aleixandre. Ed. Xerais

Déixao medrar. Silvestre Gómez Zurzo. Ed. Xerais

A chamada da selva. Jack London. Ed. Xerais
Cartas de amor, Fran Alonso. Ed. Xerais

Longa lingua: os contos da mesa. VV.AA. Ed. Xerais

Cárcere de Ventas, Mercedes Nuñez, ANT 

 

GRAMÁTICA Febrero 20, 2008

Archivado en: Gramática, LINGUA E CULTURA GALEGA (4º ESO) — galegobz @ 12:36 pm

Síntese da Gramática da Lingua Galega. Aquí tedes un resumo dos contidos teóricos gramaticas para preparar a materia de Lingua Galega.

 

CONCURSO LITERARIO “CARLOS CASARES” Febrero 17, 2008

Archivado en: CONCURSOS — galegobz @ 10:19 pm

   Co obxectivo de recuperar os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e nos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel coa súa obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, vense convocar este Concurso Literario baixo o nome de Carlos Casares e en homenaxe ao primeiro gañador do Certame de Literatura Infantil no ano 1968 coa súa obra “A galiña azul” que acadaría a honra de ter sido o fito fundacional da ben vizosa Literatura Infantil e Xuvenil GAlega contemporáea.

BASES DO CONCURSO:

1. Poderán participar todos os rapaces e rapazas en idade de escolaridade obrigatoria que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos presentados deberán seren orixinais e inéditos en toda a súa extensión.

2. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de marzo de 2008 ás doce da noite.

3. A presentación de orixinais para o Concurso farase por correo postal dirixido a sé da Asociación Cultural O FACHO. R/ Federico Tapia, 12-1º 15005 A Coruña. Podendo facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.

4. No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha preselección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser presentado individualmente.

5. As obras haberán de seren relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus dereitos de publicación poidan seren cedidos a Asociación Cultural O FACHO por un período de tres anos contados a partir do día do fallo do xurado.

6. Estabelécense tres categorías:

CATEGORÍA A: Nenos e nenas de 6 a 8 anos.

CATEGORÍA B: Nenos e nenas de 9 a 12 anos.

CATEGORÍA C: Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos.

7. As contías dos premios serán as que seguen:

CATEGORÍA A:

1º Un lote de libros por valor de 150 euros.

2º Un lote de libros por valor de 150 euros.

CATEGORÍA B:

1º 200 euros en efectivo

2º 200 euros en efectivo

CATEGORÍA C:

1º 300 euros en efectivo

2º 200 euros en efectivo

8. Cada autor só poderá presentar unha obra aténdose aos seguintes límites de extensión:

CATEGORÍA A: un máximo de 3 folios

CATEGORÍA B: un máxímo de 5 folios

CATEGORÍA C: un máximo de 10 folios

8. As obras haberán de se presentar manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes datos:

Nome e apelidos do autor/a

Enderezo e teléfono

Correo electrónico

Centro onde cursa os seus estudos

Categoría en que participa

10. Os premios serán elixidos por un xurados nomeado pola Asociación Cultural O FACHO en fallo que se fará público no mes de maio.

11. O xurado poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas na súa interpretación.

12. A participación neste Concurso implica aceptación das presentes bases.

 

CARTAS PARA CORISTANCO Febrero 15, 2008

Archivado en: ACTIVIDADES — galegobz @ 8:01 pm

  Os nenos e nenas do IES Europa cartéanse en galego cos rapaces do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (A Coruña). O obxectivo desta iniciativa é que o alumnado do instituto que está no Programa de Promoción do idioma galego no Bierzo poida practicar esta lingua a través das cartas que envían  a outros estudantes de Galiza. Ademais terán a oportunidade de coñecelos na excursión que faremos os días 5 e 6 de maio á Coruña.

 

CORRELINGUA 2008 (A CORUÑA) Febrero 15, 2008

Archivado en: ACTIVIDADES — galegobz @ 7:06 pm

 

   Os días 5 e 6 “os/as de galego” imos de excursión á Coruña. O primeiro día, visitaremos o centro Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco e coñeceremos os alumnos/as cos que estades mantendo correspondencia epistolar. Con eles prepararemos o material que levaremos ao Correlingua. Xantaremos no comedor universitario da UDC (Náutica) e… comezaremos unha interesante visita polos lugares máis emblemáticos da cidade!.

Ás oito teremos que estar de volta no albergue de Gandarío para cear e descansar.

Ao día seguinte, MADRUGAREMOS para ir á Torre de Hércules e atoparnos alí cos demais estudantes que participan no Correlingua. Unha vez rematado o circuíto repoñeremos forzas no autoservizo do comedor para proseguir coa nosa andaina…

Para máis información do Correlingua entrade na seguinte páxina: www. correlingua.org

ESPERO QUE O PASEDES MOI BEN!!!

 Luns día 5: 

8:30: Saída do Centro educativo

Visita ao Centro Educativo Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco e participación en diversas actividades.

 

14:30: Xantar no comedor da Universidade da Coruña.

        Visita ao monte San Pedro. 

        Ruta turística polos lugares máis significativos da Coruña.  

21:00: Cea e pernocta no albergue Gandarío.

 Martes día 6:

8:00 Almorzo no albergue Gandarío. 

        Visita á torre de Hércules.Participación con escolares de varios centros galegos no Correlingua (deportivo cultural) 

14:30: Xantar no comedor da Universidade da Coruña.

         Visita ao castelo de Santo Antón. 

        Visita ao acuario da Coruña 

19:30: Saída da Coruña 

22:00: Chegada ao Bierzo

 

 
 

 

 

 

 

 

 

Protegido: APUNTAMENTOS LINGUA E CULTURA GALEGA (4º) Febrero 15, 2008

Archivado en: Apuntamentos de aula — galegobz @ 6:23 pm

Esta entrada está protegida. Para verla, escribe la contraseña: