Vagalume Valdeorras, coa colaboración da Asociación Galega de Pizarristas e Caja Madrid, invítanos a participar no VI Vagalume Literario. Poden participar todos/as aqueles que o desexen: pais, nais, alumnos/as, avos/as etc. sen límite de idade. Trátase dunha actividade de animación á lecto-escritura en que toda a comunidade atope un espazo para o relato da súa experiencia vital. O resultado desta iniciativa é escribirmos entre todos/as un libro.
Este ano a temática é libre, pódense presentar tanto traballos de poesía, como de prosa, e mesmo deseños. Estes deberán ser entregados en papel e cd en formato word, debidamente corrixidos e en lingua galega.
O prazo de entrega dos contos e debuxos será até o 20 de febreiro de 2008.
Para máis información pórse en contacto con Vanessa (Dpto. Xeografía e Historia)