Índice galego 4º (1ª avaliación)
Habilidades comunicativas
1. Activación de coñecementos previos e uso de contexto para interpretar información global e específica nos textos orais e escritos.
2. Audición e lectura atenta de textos para captar informacións xerais ou avaliar datos requiridos.
3. Aceptación dos erros propios como algo natural con desexo de superalos e aplicando mecanismos de autocorrección.
Aspectos socioculturais
1. Identificación e interpretación de trazos socioculturais relacionados cos textos e situacións de comuni-cación que se traballen. Interese por coñecer informacións culturais diversas de tipo histórico, xeográfi-co, literario, etc.Tema 1. –
1.1. O alfabeto galego. Nomes das letras.
1.2. Fonemas vocálicos e consonánticos e a súa representación gráfica.
1.3. Identificación persoal (I): O corpo humano.
1.4. Os pronomes persoais tónicos.
1.5. Presente de indicativo dos verbos regulares.
Tema 2. –2.1. Identificación persoal (II): O aspecto físico.
2.2. O artigo determinado e indeterminado: formas e contraccións.
2.3. Demostrativos: formas e contraccións.
2.4. Presente de indicativo dos verbos ser, estar, ir, vir e facer.
2.5. A formación do feminino.
Tema 3. –
3.1. Identificación persoal (III): O carácter.
3.2. Presente de indicativo dos verbos haber e ter.
3.3. Substantivos sen oposición de xénero.
3.4. Os adverbios de lugar e a expresión da situación.
3.5. Algúns adverbios de tempo.
Tema 4. –4.1. Identificación persoal (IV): O vestiario.
4.2. Pretérito dos verbos regulares.
4.3. Casos especiais del xénero.
4.4. Adverbios de afirmación e negación.
4.5. Fórmulas para expresar conformidade, afirmación e negación.
Tema 5. –5.1. A vivenda.
5.2. Os pretéritos dos verbos dicir, estar, facer, ir, poder e poñer.
5.3. Concordancia de xénero entre o substantivo adxectivo.
5.4. Fórmulas de saúdo.
5.5. O acento: Regras xerais.Índice galego 4º (2ª avaliación)
Habilidades comunicativas
1. Identificación da información relevante para centrarse no contido que interese en función da tarefa.
2. Uso de modelos de textos tanto orais como escritos para producir textos personalizados.
Aspectos socioculturais
1. Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua galega e a lingua castelá.
2. Respecto e valoración dos costumes e tradicións galegas.Tema 6. –6.1. O contorno: A cidade.
6.2. O futuro dos verbos regulares.
6.3. O plural das palabras acabadas en vogal e en –n.
6.4. Fórmulas de despedida.
6.5. O acento: Casos especiais.
Tema 7. –7.1. O medio natural.
7.2. O futuro dos verbos irregulares.
7.3. O plural das palabras acabadas en –l.
7.4. O plural das palabras acabadas noutras consoantes.
7.5. Frases que indican procedencia.
7.6. Preposicións e conxuncións máis usuais.
Tema 8. –8.1. O clima.
8.2. O copretérito dos verbos regulares.
8.3. Os posesivos.
8.4. Fórmulas de cortesía e agradecemento para pedir ou preguntar.
8.5. Algunhas perífrases para indicar futuridade.
Tema 9. –
9.1. Os alimentos.
9.2. O antepretérito.
9.3. Os indefinidos.
9.4. Algunhas perífrases para indicar o comezo dunha acción.
9.5. Ortografía. Uso dos grafemas b/v.
Tema 10. –10.1. Actividades cotiás.
10.2. Os pospretéritos dos verbos regulares (condicionais).
10.3. Os numerais cardinais.
10.4. Algunhas perífrases para indicar accións en desenvolvemento.
10.5. Ortografía. Uso dos grafemas s/x.Índice galego 4º (3ª evaluación)
Habilidades comunicativas
1. Identificación de distintos tipos de textos: descritivos, narrativos, conversacionais, etc.
2. Interacción con interlocutores de forma dirixida.
Aspectos socioculturais
1. Diferenciación de usos formais e informais da lingua galega.
2. Uso de fórmulas adecuadas nas relacións sociais: saúdos, cartas, etc.
3. Uso de convencións propias dea conversación natural en tarefas de simulación: turno de palabra, cam-bio de tema, etc.Tema 11. –11.1. Relacións humanas e sociais.
11.2. Pospretéritos irregulares.
11.3. Os numerais ordinais.
11.4. Pronomes e adverbios interrogativos.
11.5. Ortografía. Uso do grafema h.
Tema 12. –12.1. Viaxes e ocio.
12.2. O presente de subxuntivo.
12.3. A gradación do adxectivo (I).
12.4. Algunhas perífrases para indicar accións acabadas.
12.5. Usos do punto e a coma.
Tema 13. –13.1. Educación e cultura.
13.2. Imperativo dos verbos.
13.3. A gradación do adxectivo (II).
13.4. Algunhas perífrases para indicar accións que se repiten.
13.5. Usos do punto e coma, dos puntos e puntos suspensivos.
Tema 14. –14.1. Ciencia e tecnoloxía.
14.2. As formas non persoais do verbo.
14.3. El pronome persoal átono.
14.4. Algunhas perífrases para indicar obriga.
14.5. Uso da diéreses e o guión.
Tema 15. –15.1. Outros verbos irregulares.
15.2. Confluencia de pronomes átonos.
15.3. Introducción á colocación do pronome átono.
15.4. Algunhas perífrases para indicar hipóteses.
15.5. Uso dos signos de interrogación e exclamación.
PROGRAMA (4º ESO) Enero 28, 2008
VI CERTAME ARTÍSTICO/LITERARIO VAGALUME Enero 26, 2008
Vagalume Valdeorras, coa colaboración da Asociación Galega de Pizarristas e Caja Madrid, invítanos a participar no VI Vagalume Literario. Poden participar todos/as aqueles que o desexen: pais, nais, alumnos/as, avos/as etc. sen límite de idade. Trátase dunha actividade de animación á lecto-escritura en que toda a comunidade atope un espazo para o relato da súa experiencia vital. O resultado desta iniciativa é escribirmos entre todos/as un libro.
Este ano a temática é libre, pódense presentar tanto traballos de poesía, como de prosa, e mesmo deseños. Estes deberán ser entregados en papel e cd en formato word, debidamente corrixidos e en lingua galega.
O prazo de entrega dos contos e debuxos será até o 20 de febreiro de 2008.
Para máis información pórse en contacto con Vanessa (Dpto. Xeografía e Historia)
NO CENTENARIO DO HIMNO GALEGO Enero 26, 2008
O día 20 de decembro de 1907 estreouse, no «Gran Teatro» da
Habana –hoxe Teatro García Lorca- o himno galego. Este símbolo acústico conxuga o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga. Xa que logo, con motivo do recente centenario anímovos a que entredes na seguinte páxina e coñezades algo máis da historia desta peza, símbolo de galeguidade.
http://www.himnogallego.com/index.php
O Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués Enero 26, 2008
O Patrimonio Inmaterial representa a fonte vital dunha identidade profundamente enraizada na Historia e comprende “o conxunto de formas da cultura tradicional e popular ou folclórica, quer dicir, as obras colectivas que emanan dunha cultura e se basean na tradición. Estas tradicións transmítense oralmente ou mediante xestos e modifícanse co decorrer do tempo através dun proceso de recreación colectiva. Inclúense nelas as tradicións orais, os costumes, as linguas, a música, os bailes, os rituais, as festas, a medicina tradicional e a farmacopea, as artes culinarias e todas as habilidades especiais relacionadas cos aspectos materiais da cultura, tales como as ferramentas e o hábitat.”
A índole efémera deste patrimonio intanxíbel tórnao vulnerábel. A salvagarda deste patrimonio debe partir da iniciativa individual e recibir o apoio das asociacións, especialistas e institucións.
A candidatura multinacional proposta baixo a denominación “As tradicións orais galego-portuguesas”, refírese a unha marca distintiva das expresións culturais das rexións do Norte de Portugal e de Galiza (España), que as caracteriza como unha unidade de prácticas sociais e simbólicas, das que a tradición oral é unha manifestación orixinal. Proponse esta tradición oral como Masterpiece of Oral and Intangible Heritage of Humanity e vincúlaa ás manifestacións materiais e simbólicas no Noroeste Peninsular porque nela encontran sentido e teñen orixe as comunidades humanas aquí residentes e que teñen conciencia da importancia deste mundo da oralidade na construción da súa identidade cultural. A excepcionalidade desta candidatura reside no feito de ser testemuña dun pasado e dun presente que ultrapasa as barreiras políticas, através do sentimento de pertenza a unha cultura común posta en causa por algúns dictames da historia e polas transformacións da sociedade contemporánea, que a experiencia de novos contactos reavivou e esixiu a salvagarda. Independentemente de algúns compoñentes da cultura tradicional estaren presentes tamén noutras terras da Península e de Europa, o feito a destacar é que neste espazo xeo-cultural eses compoñentes gañan un singular significado. As rexións do Norte de Portugal e de Galiza conservan, aínda, un conxunto de prácticas sociais e unha tradiçión oral que, de algunha forma, as individualiza no conxunto das demais rexións portuguesas e españolas.
As tradicións culturais aquí transmitidas de xeración en xeración son a herdanza común das comunidades sociais que neste espazo viviron ao longo dos séculos. O patrimonio cultural oral destas comunidades está, para alén dos múltiples contributos herdados de diferentes participantes, marcado polas características xeográficas e ecolóxicas da rexión.
O Noroeste Peninsular, máis alá de toda a pluralidade e variedade de expresións culturais que presenta, caracterizase por valorizar un conxunto de tradicións culturais comúns, cuxa xustificación encontramos tanto no proceso histórico que a constituíu, como na lingua comun que compartiron, como nun contexto ecolóxico propio. O Norte de Portugal e Galiza presentan un conxunto de condicionantes ecolóxicas que encontran expresións socioculturais moi similares configurando unha sub-rexión cultural. A xeografía e a ecoloxía do territorio non só a individualizou senón que, impuxeron aos seus habitantes a adopción de estratexias económicas particulares que interpretaron e renovaron o seu mundo simbólico.
VÍDEO PROMOCIOANL DA CANDIDATURA DO PIGP:
