galegoBZ

Just another WordPress.com weblog

2008, ANO INTERNACIONAL DAS LINGUAS Febrero 22, 2008

galegobz @ 1:32 pm

boton_linguas1.jpgboton_linguas.jpgboton_linguas.jpgA Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 2008 Ano Internacional dos Idiomas para fomentar o multilingüismo, a unidade e a comprensión internacional.

A ONU recoñece así que o multilingüismo promove a unidade na diversidade e no entendemento internacional. Así mesmo, a Asemblea recoñeceu a importancia de protexer as distintas linguas, o que equivale a protexer as culturas e promovelas.

No mundo fálanse arredor de 6.000 linguas das que, segundo a UNESCO, un 50% está en perigo de extinción debido á globalización. Para resaltar este feito, e o importante que é para o mundo conservar o seu patrimonio lingüístico, xorde a idea de dedicarlle este ano ás linguas.

A iniciativa comezou a xestarse na Conferencia Xeral da UNESCO en París no ano 2005. 

Tedes máis información en http://www.xunta.es/linguagalega/2008_ano_internacional_das_linguas

 

Leave a Reply